Unha presentación e un saúdo

Bó día a todos, dámosvos a benvida á nosa primeira entrada do que será este tour pola aprendizaxe do singular e o plural no galego. Durante esta viaxe iremos avanzando tema a tema ao longo da gramática para conseguir unha clara distinción entre o singular e o plural. Este blogue servirá como apoio para traballar a teoría que subiremos no Instagram (@aprendendogalego). Para calqueira dúbida os comentarios estarán activados, e ademais ao final de cada tema resolveremos as preguntas máis solicitadas nun directo de Instagram. Desexámosvos que esta sexa unha cálida experiencia e que poidades aproveitar ao máximo o traballo. Moito ánimo,

as tres rapazas perdidas pola USC.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tema 1: Distinción básica entre o singular e o plural. A formación do plural

Tema 3 / Unit 3: Corrección dos exercicios

Tema 1 / Unit 1: Corrección dos exercicios