Preguntas sobre o galego a George

Proxecto Lingua Galega I.

Preguntas para George J. Veiga.

Valle Alonso, Andrea.

1. Que idioma aprendiches primeiro, o galego ou o castelán?
Castelán. Empecei a aprendelo nada máis chegar.

2. A que idade o aprendiches?
Sobre os 6 anos empecei a aprendelo, e ao ano a medio de estar en España xa o dominaba a nivel
intermedio. Aos 9-10 anos xa o falaba fluído.

3. Do galego, que foi o que máis che custou aprender? E do castelán?
Do galego foi as contraccións e o cambio do uso de b e v do castelán ao galego. Do castelán foi os
tempos e modos verbais.

4. Algunha das dúas linguas che resultou especialmente difícil?
O galego. Foi complicado dominalo ben porque non o falaba tanto como o castelán; só o utilizaba
coa familia por parte do meu pai.

5. És galego falante?
O son, aínda que non me sale tan natural falalo como o castelán, co que levo máis práctica.

6. En que medida os teus coñecementos de galego che axudaron con outras linguas?
No día a día axúdame entender o portugués; teño algúns amigos de Portugal que non falan moi ben
o castelán así que me falan en portugués, e entendoo bastante ben polas semellanzas co galego.

7. Resultouche complexa a distinción entre o singular e o plural, e os xeitos nos que se forma
en galego?
Bastante, si. Sobre todo porque misturaba moito o galego e o castelán e equivocábame moito, pero
foi sendo máis fácil coa práctica.

8. Segues a ter algunha dificultade co galego? E co castelán?
Co galego resúltame algo difícil expresarme ben pola falta de práctica. O castelán dominoo ben e
non teño problema.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tema 1: Distinción básica entre o singular e o plural. A formación do plural

Tema 3 / Unit 3: Corrección dos exercicios

Tema 1 / Unit 1: Corrección dos exercicios