Tema 2: Contábeis e incontábeis.

TEMA 2: Contábeis e incontábeis.
Os substantivos ademais de designar obxectos, indivíduos e conceptos (rosa), poden indicar propiedades
(amabilidade), actividades (organización) e formar partes de locucións, tanto adverbiais como
preposicionais (a causa de).
Polo tanto, podemos clasificar os substantivos semanticamente.
A primeira distinción que imos facer é : substantivos comúns fronte a substantivos propios.
Comezaremos cos substantivos propios. Son aqueles que poden designar ou ben nomes de lugar, ou
nomes de persoas. Os que designan nomes de lugar denomínanse topónimos (Lugo), e os que designan
nomes de persoas, antropónimos (Breogán).
Os substantivos comúns poden ser ou ben abstractos, ou ben concretos.
Os substantivos abstractos designan estados, calidades (non perceptíbeis polos sentidos), nocións...
Algúns exemplos son: amor, dor, sinxeleza...
Os substantivos concretos designan elementos existentes e perceptíbeis polos sentidos, como poden ser:
mesa, viño...
Agora ben, os substantivos concretos a súa vez poden ser divididos en contábeis ou incontábeis.
Os incontábeis refírense a entidades que non podemos contar, como por exemplo a auga ou a fariña.
Os contábeis, designan o contrario, é dicir, refírense a entidades que podemos contar : lapis, castaña...
A división dos substantivos contábeis, lévanos ao seguinte tema : individuais e colectivos.
No tema tres, imos tratar esta división.

UNIT 2: Countables and uncountables.


The nouns besides naming/designating objects, individuals and concepts (rosa), they can indicate properties (amabilidade), activities (organización) and making part of adverbial and prepositional locutions (a causa de).


Therefore, we can clasify nouns semantically.
The first distinction we are going to make is: common nouns versus proper nouns.
We’ll start with proper nouns.They are those that can design place or people names. The ones that refer to place names are called topónimos (Lugo). And the ones that refer to people names are called antropónimos (Breogán).


Common nouns can be abstract or concrete.
Abstract noun designate states, attributes (not perceptible by the senses), notions…
Some examples are: amor, dor, sinxeleza…


Concrete nouns designate existing elements and perceptible by the senses like: mesa, viño…


The division of the countable nouns takes us to the next topic: individual and collective.



We’ll take a look at these topic in the next lesson.


1. Clarifica os seguintes substantivos en comúns e propios.
• Casa.
• Laura.
• Miñoca.
• Fío.
• Navia de Suarna.
• Ovella.
• Homero.
• Táboa.
• Ferro de pasar.
• O Cebreiro.
• Encarna.
• Libro.
• Peluche.
• Tolle merenda.
• Aldara.
2. Aqueles substantivos que sexan propios do exercício anterior, clasifícaos en topónimos e antropónimos.
3. Indica cales dos seguintes substantivos son concretos ou abstractos e contábeis ou incontábeis.
• Cadeira.

• Ril.
• Amor.
• Leite.
• Dor.
• Felicidade.
• Cartafol.
• Planta.
• Amabilidade.
• Azúcre.
• Aceite.
• Mazá.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tema 1: Distinción básica entre o singular e o plural. A formación do plural

Tema 3 / Unit 3: Corrección dos exercicios

Tema 1 / Unit 1: Corrección dos exercicios