Tema 4: Nomes que só teñen plural e singular.
TEMA 4: NOMES QUE SÓ TEÑEN PLURAL E SINGULAR.
Dentro dos substantivos simples, atopámonos con certas palabras que non realizan flexión, é dicir, son substantivos que, ou ben só teñen singular, ou ben, só teñen plural.
Hai certos substantivos que só empregamos en singular, como por exemplo babor, estribor, os
puntos cardinais (norte, sur,este, oeste), os nomes dos meses (xaneiro, xuño, decembro...).
Ocorre exactamente o mesmo no caso dos substantivos que só se empregan en plural, como folgos, cartos ou cóxegas.
Os substantivos rematados en -s ou -x teñen a mesma forma tanto para o singular como para o
plural (o luns/ os luns; o paraugas/os paraugas).
Para rematar, debemos ter en conta que hai algúns casos nos que o paso de singular a plural
significa tamén un cambio de significado, como por exemplo: o miolo fronte os miolos.
Unit 4: Nouns that only have plural and singular
Within simple nouns there are certain words that does not make flexion, in other words, nouns that only have singular or only have plural.
There are certain nouns that are used in singular, for instance babor, estribor, os
puntos cardinais (norte, sur,este, oeste), os nomes dos meses (xaneiro, xuño, decembro...).
It also happens in the case of nouns only used with their plural, like folgos, cartos ou cóxegas.
Nouns ended in -s ou -x have the same form for singular and plural (o luns/ os luns; o paraugas/os paraugas).
Finally, we should bear in mind that there are some cases in which the change from singular to plural indicates a change in their meaning, like for instance: o miolo against os miolos.
EXERCICIOS:
1. Indica o número dos seguintes substantivos:
• Martes.
• Fax
• Miolos
• Parachoques
• Xaneiro
• Amarelo
• Macarróns
• Cóxegas
Comentarios
Publicar un comentario