Tema 1: Distinción básica entre o singular e o plural. A formación do plural
GALEGO.- Antes de comezar co primeiro tema deste proxecto, debemos explicar que son os substantivos para poder posteriormente centrarnos na distinción do seu singular e plural. Os substantivos constitúen unha clase de palabras que designan seres, conceptos, entidades e obxectos do mundo extralingüístico. Constan dunha raíz (ou lexema) que lles achega o significado léxico, e tamén morfemas de xénero e número. O xénero designa se un substantivo é masculino ou feminino. Son a unidade referencial básica da oración. Nós ímonos centrar no número dos substantivos. Agora, comezamos co primeiro tema: O singular designa un individuo ou obxecto, mentres que o plural, designa máis de un. O singular non ten unhas terminacións específicas, polo que podemos dicir que está representado cun morfo cero, por exemplo: r apaz- Ø . Para facer o plural dun substantivo rematado en vogal, empregamos o morfo -s, por exemplo de cachelo, cachelos. Cando o substantivo remata en 'n' o...
Comentarios
Publicar un comentario