Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2017

Tema 4 / Unit 4: Corrección dos exercicios

1.Indica o número dos seguintes substantivos.  Martes  Fax  Miolos  Parachoques  Xaneiro  Amarelo  Macarróns  Cóxegas Solucións:  Depende do contexto  Depende do contexto  Plural  Depende do contexto  Singular  Singular  Singular  Plural  Plural O singular e o plural nos casos de dependencia do contexto van marcados polo artigo

Tema 3 / Unit 3: Corrección dos exercicios

1.Indica se os seguintes substantivos son individuais ou colectivos. CASA RABAÑO LÁPIS MANADA ARQUIPÉLAGO BANDADA ILLA ROSA ESPIÑA EXÉRCITO PERSOA MULTITUDE Individuais: casa, lápiz,illa, rosa, espiña, persoa Colectivos: rabaño, manada, bandada, exército, arquipélago, multitude 2.Indica cal é o colectivo dos seguintes substantivos individuais.  Álamos  Cantantes  Abellas  Parentes  Herba  Porco  Maceira  Castiñeiro Solucións:  Almaneda  Coro  Colmena  Familia  Herbario  Piara  Manzanar  Carballeira

Tema 2 / Unit 2: Corrección dos exercicios

1.Clasifica os seguintes substantivos en común e propios:  Casa  Laura  Miñoca  Fío  Navia de Suarna  Ovella  Homero  Táboa  Ferro de pasar  O Cebreiro  Encarna  Libro  Peluche  Tolle merenda  Aldara Solucións: Comúns: casa, miñoca, fío, ovella, táboa, ferro de pasar, libro, peluche, Propios: Laura, Navia de Suarna, Homero, O Cebreiro, Encarna, Tolle merenda, Aldara. 2.Aqueles exercicios que sexan propios do exercicio anterior, clasifícaos en topónimos e antropónimos. Topónimos: Navia de Suarna, O Cebreiro, Tolle merenda. Antropónimos: Laura, Homero, Encarna, Aldara. 3.Indica cales dos seguintes substantivos son concretos ou abstractos e contábeis ou incontábeis.  Cadeira  Río  Amor  Leite  Dor  Felicidade  Cartafol  Planta  Amabilidade  Azucre  Aceite  Mazá Concreto: cadeira, río, leite, cartafol, planta, azucre, aceite, mazá. Abstracto: amor, dor, felicidade, amabilidade. Contable: río, cadeira, cartafol, pla...

Tema 1 / Unit 1: Corrección dos exercicios

1.Pasa a plural as seguintes palabras:  Convite  Dor  Labor  Legume  Garaxe  Personaxe  Testemuño  Arte  Análise  Cor  Árbore  Homenaxe  Nariz  Eixe  Paisaxe Solucións:  Convites  Dores  Labores  Legumes  Garaxes  Personaxes  Testemuños  Artes  Análises  Cores  Árbores  Homenaxes  Narices  Paisaxes 2.Pasa a plural as seguintes oracións. Repara nos verbos e noutros elementos que teñas que modificar.  O cónsul do Brasil regaloulle un lápis coa bandeira do Brasil.  Dóeme o cadril porque esvarei coa pel dun limón e caín pola escaleira.  Foron na barca e pescaron un ollomol e un xurelo antes de que lles romperá a rede.  A súa irmá vive nese dúplex que se ve desde o túnel.  Na película o mísil impacta contra a torre e un mes despois do naufraxio do acoirazado onde o capitán dispara cun revólver ao polisón.  O sapoconcho que tes no xardín é un lacazán, nunca sobe máis dun chanzo.  O luns sempre é igual: hai que ...

Tema 4: Nomes que só teñen plural e singular.

TEMA 4: NOMES QUE SÓ TEÑEN PLURAL E SINGULAR. Dentro dos substantivos simples, atopámonos con certas palabras que non realizan flexión, é dicir, son substantivos que, ou ben só teñen singular, ou ben, só teñen plural. Hai certos substantivos que só empregamos en singular, como por exemplo babor, estribor, os puntos cardinais (norte, sur,este, oeste), os nomes dos meses (xaneiro, xuño, decembro...). Ocorre exactamente o mesmo no caso dos substantivos que só se empregan en plural, como folgos, cartos ou cóxegas. Os substantivos rematados en -s ou -x teñen a mesma forma tanto para o singular como para o plural (o luns/ os luns; o paraugas/os paraugas). Para rematar, debemos ter en conta que hai algúns casos nos que o paso de singular a plural significa tamén un cambio de significado, como por exemplo: o miolo fronte os miolos. Unit 4: Nouns that only have plural and singular Within simple nouns there are certain words that does not make flexion, in other words, n...

Tema 3: Individuais e colectivos.

TEMA 3: Individuais e colectivos. Un substantivo é considerado individual cando nomean entidades ou clases, como por exemplo, barca, paxaro, teléfono... Se o substantivo vai coa preposición entre, debe ir no plural. Se a forma singular está coordinada con outro substantivo pola conxunción e, pode ir en singular.: Xa non hai patos entre os bancos. Colocou á nena entre súa nai e súa avoa. Un substantivo é colectivo cando designa un conxunto de indivíduos que son da mesma clase: bandada, rabaño... O substantivo colectivo nunha frase preposicional (coa preposición entre) debe adoptar a forma singular.: Alicia foi mirar a ver se o atopaba entre a multitude. Unit 3: Individual and collective Nouns are considered individual when they appoint entities or classes, for instance, barca, paxaro, teléfono… If the noun goes with the preposition entre it should go with the plural. If the singular form is coordinated with another noun by the conjuction e , it can go in singular: ...

Preguntas sobre o galego a George

Proxecto Lingua Galega I. Preguntas para George J. Veiga. Valle Alonso, Andrea. 1. Que idioma aprendiches primeiro, o galego ou o castelán? Castelán. Empecei a aprendelo nada máis chegar. 2. A que idade o aprendiches? Sobre os 6 anos empecei a aprendelo, e ao ano a medio de estar en España xa o dominaba a nivel intermedio. Aos 9-10 anos xa o falaba fluído. 3. Do galego, que foi o que máis che custou aprender? E do castelán? Do galego foi as contraccións e o cambio do uso de b e v do castelán ao galego. Do castelán foi os tempos e modos verbais. 4. Algunha das dúas linguas che resultou especialmente difícil? O galego. Foi complicado dominalo ben porque non o falaba tanto como o castelán; só o utilizaba coa familia por parte do meu pai. 5. És galego falante? O son, aínda que non me sale tan natural falalo como o castelán, co que levo máis práctica. 6. En que medida os teus coñecementos de galego che axudaron con outras linguas? No día a día axúdame entender o por...

Tema 2: Contábeis e incontábeis.

TEMA 2: Contábeis e incontábeis. Os substantivos ademais de designar obxectos, indivíduos e conceptos (rosa), poden indicar propiedades (amabilidade), actividades (organización) e formar partes de locucións, tanto adverbiais como preposicionais (a causa de). Polo tanto, podemos clasificar os substantivos semanticamente. A primeira distinción que imos facer é : substantivos comúns fronte a substantivos propios. Comezaremos cos substantivos propios. Son aqueles que poden designar ou ben nomes de lugar, ou nomes de persoas. Os que designan nomes de lugar denomínanse topónimos (Lugo), e os que designan nomes de persoas, antropónimos (Breogán). Os substantivos comúns poden ser ou ben abstractos, ou ben concretos. Os substantivos abstractos designan estados, calidades (non perceptíbeis polos sentidos), nocións... Algúns exemplos son: amor, dor, sinxeleza... Os substantivos concretos designan elementos existentes e perceptíbeis polos sentidos, como poden ser: mesa, viño... Agora...

Tema 1: Distinción básica entre o singular e o plural. A formación do plural

GALEGO.- Antes de comezar co primeiro tema deste proxecto, debemos explicar que son os substantivos para poder posteriormente centrarnos na distinción do seu singular e plural. Os substantivos constitúen unha clase de palabras que designan seres, conceptos, entidades e obxectos do mundo extralingüístico. Constan dunha raíz (ou lexema) que lles achega o significado léxico, e tamén morfemas de xénero e número. O xénero designa se un substantivo é masculino ou feminino. Son a unidade referencial básica da oración. Nós ímonos centrar no número dos substantivos. Agora, comezamos co primeiro tema: O singular designa un individuo ou obxecto, mentres que o plural, designa máis de un. O singular non ten unhas terminacións específicas, polo que podemos dicir que está representado cun morfo cero, por exemplo: r apaz- Ø . Para facer o plural dun substantivo rematado en vogal, empregamos o morfo -s, por exemplo de cachelo, cachelos. Cando o substantivo remata en 'n' o...